Sobre Vitamina 3D

Ola! Chámome Álvaro. Son enxeñeiro aeroespacial e son o que comezou este proxecto. Cando descubrín a impresión 3D, engancheime deseguido. Púxenme a combinar a miña experiencia en deseño CAD e a miñas ideas con esta tecnoloxía.
Deste xeito nace Vitamina 3D Studio. Estiven a deseñar e materializar ideas, resolvendo problemas e compartindo os meus deseños e coñecementos. Isto é do que trata o proxecto despois de todo.
Se es unha persoa apaixonada pola impresión 3D coma min ou simplemente che da algo de curiosidade o tema, seguramente atoparás cousas interesantes por aquí.
Non dubides en botar unha ollada á web e partillar ideas. Tamén te podes poñer en contacto se o desexas. Benvid@a Vitamina 3D!
A nosa filosofía
Cratividade
Crear cousas e resolver problemas con creatividade e dun xeito práctico, facendo a nosa marca sinónimo de orixinalidade e eficiencia.
Sostebilidade
Facemos, no canto de comprar demáis, con practicamente cero refugallos e con materiais 100% reciclables ou biodegradables.
Partillar
Encántanos partillar non só ideas, senón tamén moitos dosnosos modelos para que calquera cunha impresora os poida imprimir.

Como traballamos
Hoxe en día contamos cunha impresora Ender 3 de Creality. Isto significa que podemos traballar con 3 materiais distintos: PLA, PETG e flexibles.
Os modelos 3D son descargados de repositorios, ou ben son creacións nosas deseñadas con programas de deseño 3D. Agora mesmo empregamos Onshape, aínda que dominamos outros.
Tamén nos gusta experimentar co post-proceso, co que aprendemos distintas técnicas que xa nos deron moi bos resultados. Limamos, pegamos e pintamos para mellorar as pezas.
Os resultados do noso traballo poden verse nas redes sociais. Convidámosvos a botarlles unha ollada e partillar as vosas opinións.
Deseño 3D
Empregamos un orograma CAD para crear os nosos deseños e solucións a diferentes problemas.
Investigación
Valoramos moito a experiencia polo que sempre andamos na procura de novas formas de mellorar o noso traballo.
Impresión 3D
Optimizamos as impresións e usamos bos materiais para asegurar a mellor calidade.
Contacto
Bota unha ollada ás nosas cousas!
Todo impreso con amor
- Agasallos personalizados
- Impresións "frikis"
- Merchandising
- Deseño de pezas
- Accesorios
- Servizo de impresión 3D
Se tes unha idea ouprecisas de algo moi específico para algunha aplicación e pensas que se pode imprimir, cóntanolo! Podemos deseñalo e personalizalo para ti.
Se estás na procura de agasallos ou útiles accesorios personalizados, quizáis teñamos algo para ti. Bota unha ollada ás nosas cousas.
Todo o que deseñamos e imprimimos está feito para que funcione axeitadamente, polo que empregamos os materiais máis adecuadospara cada aplicación. Tamén facemos post-procesado cando sexa preciso para mellorar a apariencia e a funcionalidade das nosas pezas.