Política de privacidade

Este apartado recolle os termos e condicións nos que o titular da páxina web vitamina3d.com administra e protexe a información que o/a usuario/a proporciona á hora de facer uso dela, asegurando o cumprimento íntegro das obrigacións dispostas na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), e demais normativa vixente en cada momento, que vela por garantir un uso e tratamento correctos dos datos persoais dos/as usuarios/as.

Ademais, tamén se cumpre co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD UE 2016/679) da Unión Europea que entrou en vigor o 24 de maio do 2016, aplicable e de obrigado cumprimento a partir do 25 de maio do 2018, tomando tódalas medidas necesarias para dito fin.

As nosas obrigas

Ao recadar datos persoais dos/as usuarios/as, o titular da web comprométese a cumprir os seguintes principios:

  • Licitude, lealdade e transparencia en tódalas nosas accións. Xamais cederemos, venderemos ou faremos negocio con ningunha información persoal.
  • Os datos persoais so se empregarán coa finalidade específica, lexítima e explícita para a que foron recollidos, sempre co consentimento do/a usuario/a.
  • A información persoal recadada é a axeitada, pertinente e limitada ao estritamente necesario.
  • Os datos persoais que posuímos serán en todo momento exactos e actualizados de acordo coas especificacións dos/as usuarios/as.
  • Os datos persoais serán preservados o tempo xusto e necesario para o que se precisan.

No caso dunha violación da seguranza, notificarémolo ás autoridades de control pertinentes o máis cedo posible e sen atrasos indebidos. Ademais, faremos un informe completo cumprindo coas condicións esixidas no RXPD.

Por outra banda, estaremos na obriga de ceder os datos persoais en casos excepcionais como un requirimento por lei. Tamén se podería baixo circunstancias excepcionais, e unicamente baixo o consentimento explícito do/a usuario/a, a cesión a terceiros.

O responsable do tratamento dos datos que conservamos é o titular da web indicado nesta páxina, quen responderá e demostrará as medidas que se levan a cabo para o cumprimento do RXPD diante da autoridade competente.

Seguranza

Para protexelos datos persoais, o titular toma tódalas precaucións razoables e pon en práctica as mellores prácticas da industria para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución dos mesmos.

Os datos procésanse garantindo a súa seguridade na nosa empresa de aloxamento web Raiola Networks, que ofrecen uns servidores seguros e garantan o seu bo funcionamento. Ademais, na web vitamina3d.com empregamos protocolos https para mellorar a seguranza nos procesos de transferencia de datos entre os/as usuarios/as e os servidores.

Obrigas dos/as usuarios/as

Os/as usuarios/as son responsables de que os datos facilitados ao titular da web sexan completos, veraces, exactos e que se encontren en vigor, así como mantelos actualizados. Deste xeito, o titular queda libre de calquera responsabilidade ao respecto.

Ao facilitar os datos persoais e navegar pola web vitamina3d.com, o/a usuario/a confirma que leu, entendeu e acepta a política de privacidade da nosa web, recollida aquí, e que consinte o tratamento de datos persoais por parte do titular da web baixo as condicións de dita política.

Dereitos dos/as usuarios/as

Tódolos/as usuarios/as rexistrados/as, que fixeran algún comentario ou simplemente visitaran a nosa web, teñen os seguintes dereitos sobre os seus datos, os cales poden exercen en calquera momento:

  • Dereito de acceso. Coñecer se o titular posúe datos persoais seus, así como ter acceso a eles.
  • Dereito de rectificación. Corrixir ou modificar os datos de información persoal que sexan erróneos, inexactos ou incompletos.
  • Dereito de oposición. Rexeitar que a web empregue os datos facilitados polo/a usuario/a para un servizo diferente ao contratado ou solicitado.
  • Dereito de limitación de uso de datos. Se por algún motivo o/a usuario/a desexa que non empreguemos os seus datos de forma parcial ou total, pódenolo pedir. Manterémolos na nosa base de datos por un certo período de tempo ou ata novo aviso. Estes datos poden manterse,modificarse ou eliminarse se o/a usuario/a nolo pide.
  • Dereito de supresión (Dereito ao esquecemento). Dereito que teñen os/as usuarios/as de solicitar a eliminación na nosa base de datos de toda a información que nos proporcionou. Tamén, daqueles datos que considere que sexan inadecuados ou excesivos. Sen embargo, non se incúen aqueles que deban conservarse obrigatoriamente por razóns administrativas, legais ou de seguranza, amparándonos na LOPDGDD e no RGPD).
  • Dereito de portabilidade. O/a usuario/a pode solicitar a entrega de todos ou parte dos seus datos persoais almacenados na nosa base a outras empresas ou entidades. Debe solicitarse este traspaso de xeito explícito por escrito ou correo electrónico, con copia dalgún documento identificador legal e vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas ou automatizadas. Os/as usuarios/as deben ter dereito a que os seus datos non sexan empregados para tomar decisións que podan afectarlle directamente, incluso con consecuencias legais. Tampouco podemos usalos para a creación de perfís.

Como exercer os teus dereitos

Os/as usuarios/as poden exercer os seus dereitos de privacidade en calquera momento que o demanden cumplimentando o formulario da nosa páxina de Contacto indicando “Xestión de datos e privacidade” no tipo de consulta.

O/a usuario/a deberá empregar a dirección de correo electrónico coa que se rexistrou na nosa páxina e identificarse co seu DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade pertinente e en vigor.

Indicaranse as acción ou dereitos que se desexan exercen e procederemos o máis axiña posible. O prazo máximo que establece a lei para contestar á solicitude é de 1 mes, de acordo co RXPD.

O/a usuario/a tamén pode consultar a Guia para o cidadán da Axencia Española de Protección de Datos para aclarar dúbidas ou ampliar a información.

Reclamacións

Se non contestamos á petición no prazo de 1 mes, a resposta é insatisfactoria ou sinxelamente considera que non se está a cumprir o regulamento, o/a usuario/a pode interpoñer unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos.

Deste modo, no caso de tratarse dunha solicitude de dereitos complexa ou se nos vemos sobrepasados por unha gran cantidade de solicitudes, teriamos dereito a unha prórroga de 3 meses. Sendo así, informaremos ao/á solicitante de que precisaremos máis tempo para pode contestar axeitadamente.

Recollida e tratamento de datos

Sempre que nos sexa preciso algún dato, recollerémolo co consentimento explícito do/a usuario/a marcando un cadro específico. As fontes de datos persoais dos/as usuarios/as que gardamos na nosa base de datos son sempre canles directos, nunca proveñen de terceiras partes. As canles polas que podemos recoller datos cítanse a continuación.

Datos persoais directos do/a usuario/a

Serán os datos directamente obtidos do/a usuario/a para poder a levar a cabo os nosos servizos axeitadamente e permitirlle participar na nosa web:

  • Formulario de contacto ou mediante o envío dun correo a algunha das nosas dirección de contacto. Adoitamos pedir nome, apelidos e unha dirección de correo electrónico para dar resposta ás dúbidas e peticións realizadas a través destas canles.
  • Ao comentar nalgunha das nosas páxinas, poderemos empregar algúns datos para verificar controlar o spam, identificando ao/á usuario/a por seguridade. De acordo coa lei, os menores de 14 anos non poden comentar na nosa páxina.
  • Conta. Os e as usuarios/as poden crear unha conta na nosa web onde se lles pedirán os datos dos puntos anteriores para verificalos e para acelerar os procesos de compra.
  • Facturas. Se é preciso, podemos facer facturas, o que implica recadar certos datos persoais para facelas, sempre baixo o consentimento do/a usuario/a. Gardarémolos durante 6 anos, que é o período legal establecido.

Servizos en segundo plano

Algúns servizos execútanse en segundo plano para darlle funcionalidades á nosa web:

  • Google reCAPTCHA. Sistema de detección de spam. Ler máis.
  • Google Analytics. Ferrementa de análise estatístico. Ler máis.
  • Co uso de cookies. Úsanse para asegurar o funcionamento axeitado da web e para facer análises de navegación, sen empregar datos identificadores. Os detalles do uso de cookies pódelos atopar na nosa Política de cookies.
  • Contido doutras páxinas. Os artigos do noso sitio poden incluír contido incrustado doutras webs (vídeos, imaxes, artigos…). Facer clic neses enlaces equivale a visitar esa web, polo que esta pode recadar datos sobre o/a usuario/a, empregar cookies ou impor un seguimento adicional de terceiros.

Enlaces de terceiros

Na nosa web pode haber enlaces a outras páxinas administradas por terceiras partes, o cal está loxicamente fóra do noso control. Se o/a usuario/s segue un enlace e/ou facilita datos persoais ou información na web dun terceiro, a nosa web e o seu titular non se fai responsable deses datos entregados á terceira parte. A nosa política de privacidade so aplica en vitamina3d.com. Fóra aplican as políticas dos terceiros.

O mesmo aplica para as redes sociais nas que estamos presentes. Ao seguir a Vitamina 3D nas redes sociais, a xestión de datos rexerase polas políticas de privacidade de cada rede:

Partillar en redes sociais

Os artigos do noso blog pódense compartir en Facebook, LinkedIn, Twitter ou Whatsapp directamente facendo clic no botón correspondente. Para iso empregamos o plugin Sassy Social Share, o cal non recolle datos persoais dos usuarios nin fai seguimentos, do mesmo xeito que nós tampouco o facemos. Tan so faremos reconto das veces que se partilla cada artigo.

Litofanías

Facer un pedido de litofanías implica enviarnos imaxes para que as imprimamos. Estas fotografías gardarémolas durante 1 ou 2 semanas por se existe algunha reclamación e deberamos refacelas. Unha vez pasado ese tempo, as imaxes serán borradas da nosa base de datos. Os/as usuarios/as semprepoden pedirnos que as borremos antes de que pase ese tempo.

Datos sensibles

De acordo co RXPD (artigo 9) e coa LOPDGDD, os datos que recollemos non se consideran de carácter sensible ou especial, tales como de saúde, orixe racial ou étnico, crenzas relixiosas ou filosóficas, opinións políticas, afiliación sindical, vida sexual, orientación sexual, datos xenéticos, datos biométricos ou datos relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas.

Aquí advertimos explicitamente de que non se inclúa ningún tipo de información deste tipo ao completar algún dos nosos formularios. De facelo, o/a usuario/a debe poñerse en contacto connosco a través do formulario da nosa páxina de Contacto e indicando “Xestión de datos e privacidade” no tipo de consulta para a súa eliminación das nosas bases de datos.

Cara onde van os datos

En cumprimento co disposto na LOPDGDD e do RXPD, informamos que os datos persoais que nos facilitan os/as usuarios/as serán gardados nun ficheiro de carácter persoal propiedade do titular da web.

A recollida e tratamento de datos teñen como finalidade a resolución das consultas formuladas sobre o contido desta web. Os campos marcados con asterisco serán obrigatorios, sendo imposible realizar a consulta se non se cumprimentan.

Para poder empregar o formulario de consulta, é imprescindible marcar o cadro de aceptación de uso de datos persoais do/a usuario/a, co que estaría expresando o seu consentimento para poder incorporalos á nosa base de datos.

Por outra banda, pregámosche que no formulario de consulta non introduzas baixo ningún concepto datos sensibles (descritos no punto anterior). De facelo, ponte axiña en contacto connosco para borralos.

En calquera caso, podes exercer os teus dereitos previstos pola lei cumplimentando o formulario da nosa páxina de Contacto indicando “Xestión de datos e privacidade” no tipo de consulta.

Sistemas externos

Na nosa web empregamos Google reCAPTCHA e Akismet para a detección de spam, así como Google Analytics para levar a cabo análises estatísticas.

Sistema de detección de spam

Segundo o RXPD – artigo 6; apartado 1-f, é lexítima aprotección anti-spam, ademáis de esencial para poder ofrecerlles ós/ás usuarios/as uns servizos adecuados.

Esta web emprega o sistema reCAPTCHA de Google nos formularios de contacto e no sistema de comentarios dos artigos, o cal pode analizar o comportamento dun/dunha usuario/a para determinar se se trata dunha persoa ou dun robot. Deste xeito, evitamos a entrada de spam na nosa web e protexémola de prácticas abusivas de espionaxe automático.

Este sistema pode ver determinadas cookies no navegador do/a usuario/a para determinar a súa condición. Diriximos aos/ás usuarios/as a ler a política de privacidade de Google, así como toda a información que poda resultar de interese sobre o sistema ReCaptcha.

Por outra banda, tamén está o sistema Akismet nos comentarios. Este pode gardar o contido dun comentario máis os datos que veñen con él (email, nome e apelidos). Gárdanse como mínimo durate dúas semanas e logoson eliminados automáticamente das súas bases de datos. Pode ler máis acerca de Akismet e o RXPD aquí e no Aviso de privacidade de Automattic.

Análises estatísticos

Empregamos Google Analytics para levar a cabo análises estatísticos, como o reconto de visitantes, os artigos ou páxinas máis vistas, a preferencia de idioma, etc. Este datos son anónimos xa que as direccións IP están ocultas e tampouco partillamos estes datos con terceiras partes.

Instalaranse unhas cookies no navegador do/a usuario/a, sempre baixo o seu consentimento.

Ao ser un sistema de Google, diriximoste a ler a política de privacidade de Google.

Canto tempo gardamos os teus datos

Se deixas un comentario, tanto este coma os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para poder recoñecer e aprobar comentarios sucesivos de xeito automático sen ter que mantelos nunha fila de moderación.

Se un/unha usuario/a se rexistra na nosa web tamén almacenamos a información persoal que nos proporciona. Esta pódese eliminar ou editar en calquera momento, agás o nome de usuario. Os administradores da web tamén poden ver e editar esta información. Estes datos tamén se conservarán na nosa base de xeito indefinido ou ata que o/a usuario/a solicite a súa eliminación.

Os datos recadados para facer unha factura conservaranse durante 6 anos, despois do peche da auditoría anual. Se o/a usuario/a pide a súa eliminación, farémolos anónimos e/ou procederemos á eliminación da información de sitios públicos.

Ademáis, deben conservarse obrigatoriamente por razóns administrativas, legais ou de seguranza, os datos que se inclúan nas restrición da LOPDGDD e do RGPD (artigo 23).

Cambios na política de privacidade

O titular do sitio web resérvase o dereito a facer cambios na política de privacidade para adaptala ás novas normativas e prácticas na industria, quedando as políticas actuais vixentes ata que sexan modificadas e se substitúan por outras. Estas serán debidamente publicadas e informarase aos/ás usuarios/as, acorde á lexislación vixente.

Contacto

Para contactar connosco e tratar temas da política de privacidade da nosa web vitamina3d.com, diríxete á páxina de Contacto.