Política de cookies

Na nosa Política de cookies explicamos que son e como se usan as cookies. Tamén se recollen os tipos de cookies que empregamos en vitamina3d.com e o tipo de información que recollemos.

O/a usuario/a poderá cambiar os axustes de cookies en calquera momento desde o apartado de Configuración das cookies, onde tamén pode consultar o estado do seu consentimento.

Para máis información sobre tratamento de datos no noso portal e sobre os dereitos dos/as usuarios/as, dirixirse á nosa política de privacidade.

Para máis información sobre as cookies, podes entrar en https://www.allaboutcookies.org/.

Que son as cookies?

Son pequenos arquivos de texto que gardan unha pequena cantidade de datos. Estes datos envíaos un sitio web e recíbeos o navegador do/a usuario/a, onde quedarán almacenados. Deste xeito, o sitio web pode consultar a actividade previa do navegador e identificar o/a usuario/a de acordo con esa actividade. Isto quere dicir que non gardan datos persoais xa que non identifican á persoa, senón que identifican ó navegador, o cal asocian a un/unha usuario/a.

Así, as cookies non son virus, nin troianos, nin vermes, nin spam, nin spyware nin tampouco abre ventás pop-up.

As cookies úsanse por distintos motivos: recordar accesos para que o/a usuario/a non teña que introducir correo e contrasinal en cada páxina, recordar os artigos gardados no carriño ou analizar os hábitos de navegación do/a usuario/a para personalizar o contido da web ou facer seguimentos para fins estatísticos. Estas funcións dependen do tipo de cookie, as cales poden clasificarse segundo a súa finalidade, segundo quen as xestiona ou segundo o tempo que permanecen activas.

Que tipos de cookies hai?

A seguinte listaxe recolle os distintos tipos de cookies que hai na internet, polo que non necesariamente serán todas as que se usen no noso sitio, pero si pode axudar ó/á usuario/a a comprender mellor a finalidade das cookies.

Cookies segundo finalidade

Podemos atopar:

  • Cookies técnicas. Poden ser esenciais para o funcionamento axeitado da web ou simplemente funcionais para optimizalo:
    • De entrada de usuario/a. Gardan os elementos que o/a usuario/a introduce (como os artigos do carriño).
    • De identificación ou autenticación. Controlan os elementos dunha páxina que se lle amosan ao/á usuario/a mentres visita as distintas páxinas do portal. Son temporais e desaparecen ao pechar o navegador. Son as que recordan o inicio de sesión do/a usuario/a mentres navega por unha mesma web.
    • De seguridade de usuario/a. Detectan erros e abusos de autenticación, como intentos de inicio de sesión errados.
    • De reprodutor multimedia. Permiten a reprodución de vídeo e audio.
    • De sesión para equilibrar a carga. Conectan información entre servidores web e usuarios/as.
    • De personalización de interface de usuario/a ou de preferencias. Gardan as preferencias de usuario/a, como o idioma escollido para ver a web.
    • De complemento (plug-in). Son cookies de seguimento que se activan para conectar o sitio web cunha rede social cando o/a usuario/a quere compartir algo no seu perfil.
    • Sociais. Establecen as ligazóns cos contidos incrustados pertencentes a outras webs ou redes sociais. Por exemplo, un vídeo de YouTube incrustado na nosa web usará unha cookie deles para medir as visitas.
  • Cookies de análise. Poden realizar medicións e análises acerca do uso que fan os/as usuarios/as na nosa web para fins estatísticos e de mellora.
  • Cookies publicitarias. Deseñadas para reunir información do/a usuario/a e personalizar a publicidade, de xeito que melloran o rendemento dos anuncios que ve. Existen tamén as que analizan o comportamento do/a usuario/a de xeito continuo para facer esta personalización. Adoitan ser persistentes e de terceiro, co que poden seguir ao/á usuario/a outras webs.

Cookies segundo quen as xestiona

Dous tipos:

  • Propias. Son as que xestiona o sitio web que se visita para que este funcione adecuadamente ou levar a cabo análises estatísticos, xa que poden usarse para calcular as páxinas vistas, de sesións ou o número de usuarios activos.
  • De terceiros. Establecidas por dominios que non son directamente visitados polo/a usuario/a. Aparecen ao engadir á web complementos de terceiros tales como un chatbot, complementos de redes sociais ou publicidade. Tamén as hai de análise estatístico.

Cookies segundo o tempo que permanecen activas

Dous tipos:

  • De sesión. Caducan cando o/a usuario/a pecha o navegador. Úsanse, por exemplo, para recordar os artigos metidos no carriño, manter a conexión do/a usuario/a ou para outros fins analíticos.
  • Persistentes. Permanecen durante máis tempo no navegador. En teoría, entre 1 segundo e 10 anos, aínda que as hai aínda máis persistentes.

Como empregamos as cookies?

Como a maioría de portais web, en vitamina3d.com empregamos cookies propias e de terceiros por diferentes motivos. As cookies propias son case todas esenciais para garantir o funcionamento axeitado da web e non recollen datos persoais identificadores.

As cookies de terceiros úsanse para entender mellor a actividade dos/as usuarios/as na nosa web, medir a interacción coa web, manter a seguridade do portal ou mostrar os anuncios máis relevantes para o/a usuario/a. En resumo, optimizar a experiencia de navegación na nosa páxina e axilizar as interaccións entre esta e os/as usuarios/as.

Que cookies empregamos?

As cookies usadas en vitamina3d.com clasificámolas como:

  • Necesarias. Algunhas das cookies son esencias para o correcto funcionamento da nosa web, mantendo as sesións de usuario e evitar ameazas de seguridade sen almacenar ningún dato persoal. Por exemplo,aquí incluiríanse as de autenticación, de entrada de usuario/a, as de seguridade ou as de sesión para equilibrar a carga.
  • De análise. Gardan información do número de usuarios que acceden á web, de visitantes únicos, de páxinas visitadas… Estes datos axúdannos a entender e analizar o funcionamento e uso da web para detectar áreas de mellora.
  • Publicitarias. Úsanse para personalizar os anuncios que se amosan, de xeito que sexan máis relevantes para cada usuario/a. Tamén axudan a determinar a eficiencia das campañas publicitarias. A información destas cookies poden ser empregadas por terceiros para mellorar os anuncios nas súas webs.
  • Outras: funcionais e de preferencias. Son as que axudan en certas funcións non esencias da web pero que almacenan datos de navegación para maximizar a experiencia e a calidade dos contidos, tales como o idioma, usuario/a e contrasinal, incrustación de vídeos ou a opción de compartir contido da nosa web nas redes sociais.

Listaxe de cookies

Na seguinte táboa, recadamos as cookies que empregamos en vitamina3d.com xunto coas súas especificacións. Hai que teren conta que esta táboa pode non ser exacta xa que as cookies cambian ao engadirlle funcionalidades á web, polo que o seu contido actualízase periodicamente.

Nome da cookieFunciónDuraciónTipoServizoDominio
pll_languageGardar axustes de idioma1 anoAxustesPolylangvitamina3d.com
complianz_policy_idGardar a ID de aceptación da política de cookies6 mesesFuncionalComplianzvitamina3d.com
complianz_consent_statusDgardar os axustes de aceptación de cookies6 mesesFuncionalComplianzvitamina3d.com
cmplz_statsGardar consentimento de cookies analíticas6 mesesAxustesComplianzvitamina3d.com
cmplz_marketingGardar consentimento de cookies de publicidade6 mesesAxustesComplianzvitamina3d.com
_gidSeguimento para contabilizar as visitas; engadida por Google Analytics1 díaFuncionalGoogle Analyticsvitamina3d.com
_gaSeguimento para contabilizar as visitas; engadida por Google Analytics2 anosFuncionalGoogle Analyticsvitamina3d.com
_gatSeguimento para contabilizar as visitas; engadida por Google Analytics1 díaFuncionalGoogle Analyticsvitamina3d.com
rc::aDistinguir entre humanos e robots (ReCaptcha)PersistenteFuncionalReCaptchagoogle.com
rc::bDistinguir entre humanos e robots (ReCaptcha)SesiónFuncionalReCaptchagoogle.com
rc::cDistinguir entre humanos e robots (ReCaptcha)SesiónFuncionalReCaptchagoogle.com
tk_aiGardar unha ID única para cada usuarioSesiónFuncionalWooCommercevitamina3d.com
wc_cart_hash_#Gardar os artigos no carriño (WooCommerce)PersistenteFuncionalWooCommercevitamina3d.com
wc_fragments_#Manter a sesión do usuario para que non teña que entrar de novo ao pechar o navegador (WooCommerce)SesiónFuncionalWooCommercevitamina3d.com
comment_author_#Recorda ao usuario para que non teña que re-escribir os seus datos ao comentar de novo (wpDiscuz)2 díasAxusteswpDiscuzvitamina3d.com
comment_author_email_#Recorda ao usuario para que non teña que re-escribir os seus datos ao comentar de novo (wpDiscuz)2 díasAxusteswpDiscuzvitamina3d.com
comment_author_url_#Recorda ao usuario para que non teña que re-escribir os seus datos ao comentar de novo (wpDiscuz)2 díasAxusteswpDiscuzvitamina3d.com
wpdiscuz_last_visitDestaca o último comentario nunha cor diferente (wpDiscuz)2 díasAxusteswpDiscuzvitamina3d.com
Táboa coas cookies empregadas en vitamina3d.com.

Configuración das cookies

Desde aquí pódese rexeitar o consentimento ao uso das cookies. Se o/a usuario/a aceptou o seu uso unha vez, con este botón poderá rexeitalo. Co seguinte clic, o botón fará saír o banner, onde se pode personalizar o consentimento.

 Current status: AcceptedCurrent status: Denied

Sen embargo, é posible que as cookies de terceiros non se borren do navegador unha vez instaladas a primeira vez. Por iso recomendamos que se revisen as cookies desde o teu navegador e se é preciso eliminalas ahí. Aquí poñemos como facelo para algúns deles:

Desde a versión de escritorio, tamén se pode acudir á ventá pop-up que sae da zona inferior dereita para xestionar os consentimentos. Da mesma maneira que antes, convén revisar as cookies de terceiros desde o navegador.

Información adicional

Nin esta web, nin o titular, nin os seus representantes legais se fan responsables do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que podan ter os terceiros mencionados aquí.

Os navegadores web almacenan as cookies. Nós tampouco podemos garantir o correcto funcionamento destes á hora de manipular as cookies.

Será preciso instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non aceptación das mesmas. Tamén se podería instalar unha cookie que garda a preferencia de idioma (pll_language). En ningún caso se garda información persoal do/a usuario/s.

Respecto das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores localizados nos Estados Unidos e comprométese a non compartila con terceiros, agás nos casos nos que sexa preciso para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue a tal efecto. A dirección IP do/a usuario/a é anónima e tampouco partillamos as métricas con ningún terceiro.

Google Inc. é unha compañía incluida no Acordo de Porto Seguro, que garante que tódolos datos transferidos serán tratados cun nivel de protección acorde coa norma europea. Para máis información, pode consultar a política de privacidade de Google ou o uso que Google lle da ás cookies nestas ligazóns.

Contacto

Ante calquera dúbida sobre aspectos de cookies ou privacidade, escríbenos a info@vitamina3d.com.