Imprimimos en 3D

Todo o que somos capaces de facer en impresión 3D para dar vida ás ideas que nos rondan á cabeza está aquí. Bota unha ollada para ver todo o que sabemos facer e, se ves algo que che interese, contáctanos axiña.

Personalización

Unha das grandes vantaxes da impresión 3D é que podes personalizar practicamente de todo.

Ofrecémosche unha gran variedade de agasallos, accesorios e obxectos que se poden personalizar con logos, debuxos ou incluso co teu nome ou o de esa persoa especial.

Personaliza:

Con:

As litofanías son fotos en 3D, onde as imaxes se móstran nunha lámina con relevo. A luz pasa a través da lámina con distintas intensidades dependendo da zona, reproducindo así a fotografía.

Esta técnica surxiu no século XIX cando os artistas comezaron a esculpir cera para crear este efecto e decorar lámpadas.

A día de hoxe, podemos recrealas coa impresión 3D. Imprimimos unha lámina de plástico con relevo e obtemos a litofanía cunha gran resolución. Non é abraiante?

Imprímoscho nós

Sabemos que non todo o mundo ten impresora 3D na casa. Tamén somos conscientes das vantaxes que conleva a fabriacación aditiva, despois de moitos erros pero tamén éxitos. Co tempo aprendemos a imprimir, e facémolo moi ben.

Deste xeito, se tes un modelo e precisas imprimilo, podemos facelo.

Materiais

Podemos traballar con PLA, PETG e flexibles. É importante que os teñas en conta para cada aplicación. Nós podemos guiarte ao elixir.

Modelos 3D

Sempre podemos imprimir os teus modelos. Tamén pode ser que precises dun deseño pola nosa parte. Non hai problema! Tamén o podemos facer.

Tamaño

O tamaño de impresión das nosas máquinas é de 220x220x250mm. Asegúrate de que a túa peza colle dentro dos límites ou pode imprimirse por partes.

Precisas imprimir algo?