Deseño 3D

É un feito. Moitas cousas escachan ou están a punto e temos que cambialas.

Empregar estas pezas durante moito tempo, facer un mal uso delas ou facelas de materiais desaxeitados son algúns dos factores que inflúen nas súas vidas útiles.

Por sorte, contamos coa impresión 3D que nos fai as cousas máis sinxelas. Combinando enxeñaría con programas CAD, podemos crear pezas funcionais para substituír as orixinais de xeito totalmente personalizado.

Se tes algunha cousa que queiras repoñer e pensas que cha podemos deseñar, dínolo. SPOILER: estamos seguros ao 99,99% de que poderemos!

Precisas un modelo 3D?

Como o facemos?

Medimos e debuxamos

Pensamos a solución, medimoso o que sexa necesario e facemos os planos da peza.

Deseño por ordenador

Empregamos ferrementas CAD que nos permiten crear o modelo 3D de cada peza.

Instalación

Unha vez deseñada e impresa, só queda instalar a peza axeitadamente.

Casos reais

Un dos deseños máis complexos foi unha pequena peza dunha vella máquina de picar carne.

Esta peza une o eixo de rotación da máquina coas coitelas. Unha pequena engrenaxe encaixa no seu interior para facer a conexión.

Este deseño foi particularmente difícil polas complexas formas que ten e polo reducido tamaño da peza, complicando as medicións.

Unha impresión moi útil foi esta cuberta para un interruptorda luz. A peza orixinal rompera probablemente a causa dun golpe.

Neste caso, o deseño foi bastante sinxelo e sen precisar unha gran cantidade de material.

O mellor de todo é que gardamos o modelo e, se algunha das cubertas volve romper, só temos que darlle ao botón de imprimir de novo.

Esta tapadeira úsase para cubrir o compartimento do cloro dunha piscina. Pedíronnola despois de que a orixinal rompera cun golpe.

Fixemos as medicións oportunas e construímos o modelo 3D con tódolos nervios e demáis características da orixinal.

O proceso de impresión levou moito tempo e material, pero cun resultado abraiante.