Benvida a Vitamina 3D

Ola a todos e todas! Por fin creamos a nosa propia páxina web sobre impresión 3D, vitamina3d.com, despois de comezar co noso perfil de Instagram, o cal foi moi ben acollido e, por que non dicilo, con algo de éxito. Aquí falaremos das novidades que traemos coa nosa web e tamén darvos a benvida a Vitamina 3D.

Novidades

Agora, demos un importante paso adiante. Estivemos traballando un par de meses nesta web, sen coñecementos previos e tanto como nolo permitiron os horarios. Tamén creamos perfiles en máis redes sociais para poder chegar a máis xente: Facebook, Twitter y LinkedIn, a parte do perfil orixinal de Instagram.

Ademais, estaremos presentes en distintos repositorios como Thingiverse, Cults, MyMiniFactory e Pinshape onde subiremos modelos 3D de deseños propios para que calquera cunha impresora 3D poida imprimilos. Grazas a isto, queremos contribuír á accesibilidade da fabricación aditiva, para que poida beneficiarse dela o maior número de persoas posible.

Por outra banda, volvendo á nosa web, estamos preparando unha tenda online. Sen embargo, polo de agora non estará operativa e só funcionará como catálogo para amosar as nosas creacións xa que aínda non podemos vender nin procesar os pedidos que puideran facerse. Por isto, a tenda permanecerá inactiva ata novo aviso, aínda que estamos desexando poñela en marcha canto antes.

Outro aspecto importante da web que queremos destacar é o noso blog. Será unha nova liña de actividade do noso obradoiro, onde compartiremos a información e coñecementos que vaiamos gañando coa nosa experiencia. Tamén nos interesa escribir sobre temas relacionados coa fabricación aditiva e que entendamos que paga a pena compartir. En calquera caso, pretendemos crear contido de calidade para que os e as makers atopen aquí un recuncho de referencia.

Estamos en contacto

Por último, gustaríanos convidarvos a dúas cousas. A primeira, que esteades atentos e atentas ás nosas redes sociais e repositorios, onde iremos subindo contido e modelos 3D. A segunda, que sempre que teñades algunha idea ou tema que pague a pena compartir connosco, aquí estaremos. Podedes contactarnos desde a nosa sección de Contacto ou ben a través das redes sociais.

Estamos desexando comezar esta nova etapa con todos e todas as makers. Dámosvos a benvida a Vitamina 3D!

0 0 votes
Puntuación do artigo
guest

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

0 Comentarios
Inline Feedbacks
View all comments
0
Would love your thoughts, please comment.x
()
x