Aviso legal

Cumprindo coa Ley 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), o Titular e responsable da web vitamina3d.com expón os seus datos identificadores.

Termos de uso e condicións

Os presentes termos e condicións regulan o uso e acceso das páxinas do sitio web do titular vitamina3d.com, incluíndo os contidos e servizos dispostos nelas. Toda persoa que acceda a esta web recibirá a condición de “Usuario/a” e acepta someterse ás cláusulas vixentes en cada momento na web vitamina3d.com. Estas virán recollidas nas seguintes páxinas integrantes do portal:

Se non se aceptan tódolos termos e condicións desas páxinas, a persoa deberá absterse de empregar este sitio web.

Por outra banda, o/a usuario/a encontrará neste espazo toda a información relativa ás condicións legais que definen as relacións entre estes e o titular da web. Como usuario/a, é importante que coñezas estes termos antes de continuar coa navegación.

Marco legal

O titular asume o compromiso de procesar a información dos nosos/as usuarios/as e clientes/as con plenas garantías e cumprir cos requisitos nacionais e europeos que regulan a recompilación e uso de datos persoais. Polo tanto, esta web cumpre rigorosamente coa normativa:

  • A Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais(LOPDGDD).
  • O Regulamento Xeral de Protección de Datos UE 2016/679 (RXPD).
  • A Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE).

Tratamento de datos persoais

Ler a nosa Política de Privacidade.

Exclusión de responsabilidades e garantías

O titular non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza a causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web ou dos seus servizos e contidos, podendo facer tarefas de mantemento periódicas.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos dos contidos.
  • O uso incorrecto, desaxeitado, neglixente, ilegal, fraudulento, ilícito ou dalgún xeito contrario a este aviso legal e/u a lei, desta web e mailos seus contidos.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición do/a usuario/a nesta web.
  • A falta de veracidade, integridade, actualización e precisión dos datos ou informacións contidas nesta web.

Dereito de exclusión

O titular resérvase o dereito a modificar, suspender, cancelar ou restrinxir calquera tipo información ou contido que puidera aparecer na web, sen que exista obrigación de avisar con antelación ou poñer en coñecemento dos/as usuarios/as de ditos cambios.

Do mesmo xeito, o titular resérvase o dereito a denegar ou retirar o aceso ao sitio web e aos servizos ofertados sen necesidade de pre-aviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles/as usuarios/as que non cumpran coas condicións deste aviso legal.

Enlaces externos

As páxinas da web vitamina3d.com poderían proporcionar ligazóns a outros sitios web que son propiedade de terceiras partes, dándolle a posibilidade ao/á usuario/a de visitalos. O titular non se fai responsable dos resultados derivados de visitar ditos enlaces.

A información que proporcione o/a usuario/a nestas páxinas estará suxeita á política de privacidade deses sitios, non a esta. Polo tanto, o/a usuario/a deberá estar ao tanto dela.

O/A usuario/a que pretenda establecer calquera dispositivo técnico de conexión desde o seu sitio web ao noso, deberá obter una autorización previa por escrito do titular da nosa web, o que non supoñería, en ningún caso, o inicio dunha relación entre ambas partes, nin tampouco a aceptación por parte do titular dos contidos e servizos da outra parte.

Compromisos e obrigas dos/as usuarios/as

O/A usuario/a queda informado/a e acepta que o acceso a esta web non supón o inicio dunha relación comercial connosco. Deste xeito, o/a usuario/a comprométese a empregar o sitio web, os seus servizos e os seus contidos sen incumprir a lexislación vixente, o orde público e sempre de boa fe.

Queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou que poidan causar prexuízos ou impedir o funcionamento normal do noso sitio web. Respecto dos contidos de vitamina3d.com, prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución e/ou modificación, total ou parcial, salvo que se conte coa autorización do titular lexítimo.
  • Calquera vulneración de dereito do lexítimo titular.
  • A súa utilización para fins comerciais ou publicitarios.

Ao usar o noso portal, o/a usuario/a comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidera danar a imaxe, os intereses e/ou os dereitos do titular do portal ou de terceiros, ou que puidera prexudicar, inutilizar ou sobrecargar a web impedindo a súa normal utilización.

Maioría de idade

De acordo coa normativa da UE de protección de datos, para o uso desta web e dos seus servizos o/a usuario/a deberá ter, polo menos, 16 anos, ou a idade mínima que se requira no seu país (nalgúns países da UE o límite pode baixar ata 13 anos). Se o/a usuario/a non ten idade suficiente para poder aceptar as nosas condicións. Seu pai, nai ou titor/a legal deberá aceptalas no seu lugar.

Se reside nun país fóra da UE, debe ter a maioría de idade que se requira no seu país.

Medidas de seguranza

Os datos persoais comunicados polo/a usuario/a poderán ser gardados nunha base de datos automatizada ou non, cuxa titularidade corresponde exclusivamente ao titular da web, asumindo el tódalas medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade,integridade e calidade da información contida nas mesma de acordo co establecido na normativa vixente en materia de protección de datos.

A comunicación entre os/as usuarios/as e o titular farase a través dunha canle segura, onde os datos transmitidos irán cifrados mediante protocolos https.

Sen embargo, o/a usuario/a debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informático poden non ser eternamente fiables e que, por tanto, non se pode garantir a existencia de virus ou outros elemento que poidan producir alteracións nos sistemas (hardware e software) do/a usuario/a ou nos seus documentos e ficheiros electrónicos que conteñen.

Dereitos de propiedade intelectual e industrial

De acordo coa Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e comunicación pública, incluída a modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fines comerciais, en calquera soporte ou medio técnico, sen a autorización do titular. O/a usuario/a comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial do titular.

O/A usuario/a coñece e acepta que a totalidade do sitio web, incluíndo texto, software, contidos (estrutura, selección, ordenación e presentación dos mesmos), podcast, fotografías, material audiovisual e gráficos, está protexido por marcas rexistradas, dereito de autor e outros dereitos lexítimos, de acordo cos tratados internacionais nos que España está incluída, así como outros dereitos de propiedade e leis de España.

No caso de que un/unha usuario/a ou terceiro considere que se produciu unha violación dos seus dereitos lexítimos de propiedade intelectual por mor dun determinado contido na nosa web, deberá notificarnos esta circunstancia indicando:

  • Datos persoais do/a titular dos dereitos presuntamente infrinxidos, ou indicar o/a seu/súa representante, se é o caso.
  • Sinalar os contido protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización dentro da nosa páxina, a acreditación dos dereitos de propiedade intelectual sinalados e unha declaración expresa na que o interesado se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.

Política anti-spam

O titular declárase completamente en contra do envío de comunicacións comerciais non solicitadas e de calquera conduta ou manifestación coñecida como spam. Comprométese así a loitar contra estas prácticas abusivas.

Polo tanto, o titular garante aos/ás usuarios/as que baixo ningún concepto os datos persoais recollidos nesta web serán cedidos, compartidos, transferidos nin vendidos a ningún terceiro.

Ademais, o/a usuario/a pode poñerse en contacto connosco por correo electrónico na dirección info@vitamina3d.com. Tamén través do formulario de contacto da nosa sección Contacto para comunicar anomalías.

Política de comentarios

Nesta web pódense facer comentarios para enriquecer os contidos e facer consultas. Non se admitirán aqueles que non garden relación coa temática da páxina web, que inclúan difamacións, agravios, insultos, ataques persoais ou faltas de respecto en xeral, cara o autor ou cara outros membros.

Tamén se suprimirán os comentarios que conteñan información enganosa ou falsa, así como aqueles con información persoal (domicilio, números de teléfono, etc.) que vulneren a nosa política de privacidade.

Tamén se desestimarán aqueles comentarios creados con fines promocionais dunha web, persoa ou colectivo e todo o que poida ser considerado spam en xeral.

Non se permiten comentarios anónimos, así como aqueles realizados por unha mesma persoa con diferentes alcumes. Tampouco se considerarán os comentarios que pretendan forzar un debate ou a toma dunha postura por parte doutro/a usuario/a.

O titular resérvase o dereito de retirar os comentarios que vulneren a lexislación vixente, contrarios a este aviso legal, lesivos para os intereses ou dereitos de terceiros, ou que, de acordo co xuízo do titular, non resulten adecuados para a súa publicación. Tamén se reserva o dereito á expulsión de membros que amosen este tipo de condutas.

O titular non se fai responsable das opinións dos/as usuarios/as vertidas a través de comentarios na web, nas redes sociais ou noutras ferramentas de participación, conforme ao previsto na normativa de aplicación.

Reclamacións

O/a usuario/a poderá facer reclamacións enviando un correo a info@vitamina3d.com indicando nome, apelidos, o servizo/produto adquirido e os motivos da súa queixa.

Plataforma de resolución de conflitos

Conforme ao regulamento da UE 524/2013, o/a usuario/a pode empregar a plataforma de resolución de conflitos que facilita a Comisión Europea, dispoñible nesta ligazón.

Lei aplicable e xurisdición

Este aviso legal encóntrase sometido á xurisdición española e europea vixentes, á que nos someteremos ambas partes (ver “Marco legal” no punto 1).

Se é preciso, ante calquera controversia legal, tanto o titular como o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro lugar, someterémonos aos Xulgados de Lugo (España).

No caso de que o/a usuario/a resida fóra do estado español, igualmente nos someteriamos aos xulgados e tribunais de Lugo (España).

Contacto

Se o/a usuario/a ten algunha dúbida sobre as condicións legais ou calquera comentario sobre o portal, pode dirixirse á nosa páxina de contacto.

De parte do equipo, grazas polo teu tempo para ler este aviso.